domingo, 18 de marzo de 2012

Derradeira entrada do blog

Ola a tod@s os que nos seguides. A partir de agora xa non empregaremos máis este blog. Nos mudamos a páxina oficial da Asociación AGC CCT: http://divulgaccion.org/. Vémonos alí.

Apertas

martes, 8 de noviembre de 2011

El Jueves volve a bordala



Se pode decir máis alto pero non máis claro

sábado, 15 de octubre de 2011

Primeira actividade da asociación: Ferramentas 2.0

Deixovos a noticia aparecida no medio CanalDeza

A *Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e
Tecnolóxica*organiza para mañá, venres 14 de outubro, a súa primeira actividade

A xornada dedícase ás Ferramentas 2.0 e ten como obxectivo
compartir instrumentos útiles para realizar accións de comunicación e
divulgación científica e tecnolóxica.

A Asociación, constituída en abril do 2011, ten como fins
fomentar a difusión do coñecemento científico e tecnolóxico e conseguir un
maior achegamento entre o ámbito científico e o da comunicación.

Está integrada por 49 socios e está aberta a novas
incorporacións.
Santiago de Compostela, 13 de outubro do 2011. *Mañá, venres 14 de outubro,
a *Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e
Tecnolóxica*(AGC CCT) celebra en Santiago de Compostela a súa primeira actividade
formativa.

A xornada, que será de 18.00 a 20.00 horas no Centro Galego de Arte
Contemporánea (CGAC) está dedicada ás Ferramentas da web 2.0. O obxectivo é
intercambiar coñecementos entre os asistentes que poidan ser de utilidade
para o seu traballo diario no ámbito da comunicación e divulgación
científica e tecnolóxica.

“Non se trata de dar un “cursiño de”, senón de explicar as potencialidades
de cada ferramenta (Google Docs, Google Calendar, os programas de animación
3D Blender e Maya, aplicacións móbiles...) e as nocións básicas para empezar
a traballar con elas”, explican os membros da Xunta Directiva.

Aínda que esta xornada está inicialmente pensada nos socios da AGC CCT, o
acto está aberto a todas aquelas persoas interesadas na divulgación e no uso
das ferramentas 2.0.

lunes, 11 de abril de 2011

El gallego que alcanzó las estrellas

Ramón María Aller, al que la Real Academia de Ciencias acaba de dedicar el Día do Científico do Ano, fue el precursor del estudio de las estrellas dobles y múltiples en España y convirtió Lalín en un referente internacional en la ciencia astronómica antes de incorporarse a la Universidade de Santiago

Hoy, La Voz de Galicia, ha publicado un artículo de Raul Romar sobre Ramón María Aller, el homenajeado este año durante el Día do Científico Galego.
Hay un cráter en la Luna que lleva su nombre. El mismo con el que han sido bautizadas varias calles de Lalín, A Coruña, Vigo o Santiago. Son solo alguno de los múltiples homenajes que ha recibido el sacerdote, matemático y astrónomo Ramón María Aller, considerado como el padre de la astronomía en Galicia y uno de los referentes españoles en la materia, que acaba de ser distinguido por la Real Academia Galega de Ciencias al dedicarle el Día do Científico Galego de este año, una iniciativa que aspira a convertirse en «unha celebración de toda a sociedade galega, ao mesmo nivel có Día das Letras Galegas, festa de referencia da cultura na comunidade».

Ramón María Aller (1878-1966) fue, realmente, un personaje singular. Un científico alentado por la curiosidad cuya única aspiración era el conocimiento. Pero era, por encima de todo, un sacerdote, un hombre de la Iglesia, con una enorme devoción científica, que acabó convirtiéndose también en padre de la astronomía en Galicia. «El sentíase sacerdote por riba de todo. Incluso tiña unha tarxeta na que poñía: 'Ramón María Aller. Presbítero'. Decía misa todos os días, aínda que non predicaba nin tiña parroquia, porque para el o exercicio sacerdotal era puramente vocacional e nunca quixo nin cobrar por iso nin acceder a ningún cargo relixioso», explica Vitorino Gutiérrez Aller, el sobrino del homenajeado, que lo acompañó hasta su muerte en su pueblo natal en el 66.

Su modestia y humildad también lo acompañaron a lo largo de su carrera científica que se empezó a despertar en la infancia cuando miraba al cielo desde su galería en su casa de Lalín. Esta curiosidad fue incentivada por su familia. Su abuela, Camila Ulloa, le regaló un anteojo de 75 milímetros de apertura con el que empezó a practicar más en serio su afición cuando era seminarista en Lugo. A este primer instrumento se le unió un teodolito procedente de Londres que le regaló una amiga de su familia. Y, con estos instrumentos, empezó a instalar su observatorio en la galería de su casa. «Uno de los hechos que más influyó en su carrera fueron los veranos que pasó en Castro Urdiales, en el observatorio de Luis Ocharán, que tenía un laboratorio particular con equipos importantes que luego él instaló en Galicia», explica José Ángel Docobo, director del Observatorio Astronómico Ramón María Aller de la Universidade de Santiago y biógrafo del lalinense. Uno de los aspectos que más sorprende a Docobo, continuador del legado de Aller, fue la trascendencia nacional e internacional de un trabajo científico que convirtió Lalín en un referente de la astronomía de la época, incluso ante el desconocimiento de sus paisanos, que ignoraban la magnitud de la obra del sacerdote. «Fue una cosa milagrosa -apunta Docobo-, porque a comienzos del siglo XX contactaba en Lalín con profesionales de España y el extranjero. Lo conocían más por ahí adelante que en la propia Galicia». Un ejemplo de su reconocimiento internacional fue el nombramiento como miembro de la Comisión de Estrellas Dobles de la Unión Astronómica Internacional en 1948, que fue también cuando publicó su obra Astronomía a simple vista. Un año después fue designado miembro de la Comisión Nacional de Astronomía, lo que significa que logró antes el reconocimiento internacional que en su propio país.

Ramón María Aller fue el introductor en España del estudio de las estrellas dobles y múltiples, de las que descubrió nueve en vida, y creó una escuela en esta área en todo el país de la que aún hoy es referente internacional el observatorio que lleva su nombre en Santiago. «La figura de don Ramón sigue muy presente entre nosotros», subraya Docobo.

martes, 5 de abril de 2011

Estatutos definitivos

ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN¬ DE CULTURA CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA (AGCCCT)
ESTATUTOS
CAPÍTULO I. Da asociación en xeral
Artigo 1.- A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCCT) constitúe unha entidade sen ánimo de lucro que reúne persoas dedicadas á comunicación, tecnoloxía, innovación, ambiente e saúde. Isto inclúe persoal científico comprometido coa divulgación científica, xornalistas con especialización en comunicación social da ciencia e innovación, persoal técnico de museos de ciencia e tecnoloxía, así como calquera persoa vinculada coa divulgación científica rigorosa e de calidade.
Artigo 2.- A asociación, ao amparo do artigo 22 da Constitución, regulará as súas actividades en conformidade cos seus estatutos, coa Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, e demais lexislación vixente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 3.- A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4.- 1.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade das persoas asociadas expresada en asemblea xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.
Artigo 5.- 1 .- Son fins principais da asociación:
a. Contribuír á profesionalización da comunicación da ciencia.
b. Promover, facilitar e fomentar a difusión do coñecemento científico ao público en xeral.
c. Promover a interacción entre a cultura científica e a humanística.
d. Promover a presenza da cultura científica e da innovación nos medios de comunicación, e animar as empresas a divulgar as súas tecnoloxías.
e. Fomentar a presenza dos comunicadores e das comunicadoras de ciencia nos foros de discusión e decisión de política institucional e empresarial.
f. Garantir a independencia, obxectividade e calidade da información. Garantir a liberdade de expresión, e loitar contra a difusión e lexitimidade de informacións pseudocientíficas.
g. Utilizar as novas tecnoloxías para manter as persoas asociadas informadas das convocatorias, dos eventos, das oportunidades de traballo e formación, así como para a comunicación interna de socias e socios.
h. Promover o uso do galego no campo da comunicación científica. Dar visibilidade á ciencia, innovación e tecnoloxía desenvolvidas en Galicia, ou relacionadas con Galicia.
i. Impulsar a investigación sobre a comunicación e a difusión da ciencia en Galicia.
k. Fomentar o uso das novas tecnoloxías e metodoloxías na comunicación da ciencia e tecnoloxía.
l. Traballar pola alfabetización científica e tecnolóxica da sociedade galega.
m. Promover un maior recoñecemento social das actividades de I+D+i e a revalorización da figura de investigadores e investigadoras.
n. Traballar na sensibilización do mundo científico cara ao seu necesario labor divulgador.
o. Promover a participación activa da cidadanía nas actividades de comunicación e divulgación científico-tecnolóxica.
p. Mellorar as canles de comunicación e entendemento entre o mundo científico e profesionais da comunicación.
q. Outros fins coherentes co artigo nº 1 e os fins da asociación.
2.- Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:
a. Actividades de formación, debate interno e de intercambio de experiencias: foros, xornadas, congresos, debates...
b. Accións de comunicación social da ciencia, tecnoloxía e innovación, en solitario ou en colaboración con outras institucións financiadas por fondos propios, públicos ou privados. Promoverase que as persoas asociadas presenten iniciativas para levalas a cabo a través da asociación.
c. Edición de materiais formativos e divulgativos en calquera soporte.
d. Calquera outra actividade coherente cos fins da asociación.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre as persoas asociadas nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
Artigo 6.- A asociación pode establecer acordos con institucións, empresas e asociacións na consecución dos seus fins. Tamén pode federarse con asociacións estatais ou internacionais de natureza semellante, por acordo dos seus membros en asemblea xeral, sempre que os seus obxectivos non choquen cos presentes estatutos e manteñan sempre a independencia de actividade da asociación.
Artigo 7.- A sede social da asociación é
Rúa do Hórreo, 168, 5ºD
15701 Santiago de Compostela
Os traslados do domicilio social serán acordados pola xunta directiva, a cal comunicará ao Rexistro de Asociacións o novo enderezo.

CAPÍTULO II. Membros da asociación
Artigo 8 .- Os membros da asociación englóbanse nas seguintes categorías:
a.- Membros ordinarios: Pertencen a esta categoría persoal científico, xornalistas con especialización en comunicación social da ciencia e innovación, persoal técnico de museos de ciencia e tecnoloxía, así como demais profesionais que teñan vínculos coa divulgación científica. Ser socio ou socia de xeito ordinario dá dereito a votar nas asembleas, e a obriga de pagar a cota determinada pola xunta directiva e aprobada pola asemblea xeral.
b.- Membros honorarios: A esta categoría poden pertencer todas aquelas persoas que polos seus méritos no campo da ciencia, a tecnoloxía e a innovación ou o seu apoio significativo a asociación merezan tal consideración. A proposta de nomeamento de membros honorarios debe estar avalada por 5 membros ordinarios e ser aprobada pola xunta directiva. Terán voz e voto nas reunións e estarán exentos do pagamento da cota.
Artigo 9.- A asociación contempla a categoría de entidades colaboradoras, que poderá incluír institucións, organizacións, centros de investigación, universidades e empresas que realizan actividades relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía, a educación científica ou a comunicación. Farán unha contribución non inferior ao mínimo establecido pola asemblea xeral. Un representante destas entidades acreditaraas nas asembleas da asociación, nas que terá voz. As entidades colaboradoras terán dereito a recibir a mesma información que se envíe aos membros ordinarios.
Artigo 10.- A solicitude de admisión como membro da asociación deberá ser presentada por correo ordinario ou electrónico, e será enviada á secretaría. De non contar co aval de dúas persoas xa asociadas, a solicitude deberá incluír un breve currículo e unha carta argumentando as razóns polas cales se quere pertencer á asociación, ademais de calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente. A xunta directiva decidirá en cada reunión sobre as solicitudes recibidas dende a última xuntanza.
Artigo 11.- 1.-A condición de persoa asociada pérdese:
a.- Por vontade propia, comunicada por escrito á xunta directiva.
b.- Por deixar de pagar dúas cotas anuais sucesivas, e de non facelo 15 días despois da reclamación por escrito da xunta directiva.
c.- Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses ou a imaxe da asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
d.- Por falecemento.
2.-A expulsión de asociados e asociadas do parágrafo anterior, será acordada pola xunta directiva, logo da audiencia da persoa interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola asemblea xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Artigo 12.- Os asociados e as asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Recibir información da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Que se lle escoite con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e recibir información dos feitos que dean lugar as ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos.
5. Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a asociación poida obter.
Artigo 13.- Son obrigas dos asociados e das asociadas:
1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Pagar as cotas que se establezan.
3. Desempeñar os cargos para os que se lles elixiu.
4. Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5. Acatar o contido dos estatutos.
Artigo 14.- A pertenza á asociación suporá un compromiso asumido de xeito individual e colectivo coa ética profesional. A asociación contempla como un dos seus obxectivos velar pola calidade da comunicación e a divulgación da ciencia, da tecnoloxía e da innovación en Galicia, polo que se reserva o dereito de advertir os seus membros en caso de identificar condutas que incorran en erros ou inexactitudes deliberados ou frecuentes na praxe comunicativa.

CAPÍTULO III. Dos órganos da asociación
Artigo 15 .- A dirección e administración da asociación serán exercidas pola presidencia, a xunta directiva e a asemblea xeral.
Artigo 16.- A presidencia da asociación asumirá a representación legal e executará os acordos adoptados pola xunta directiva e a asemblea xeral.
Artigo 17.-1- A asemblea xeral, integrada por todas as persoas asociadas, celebrarase unha vez ao ano, na data e no lugar que determine a xunta directiva. Un 25% dos membros formará quórum. Se non se alcanza o quórum, transcorrida media hora celebrarase a asemblea en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza de quen teña a titularidade da presidencia ou vicepresidencia ou a persoa coa vogalía de maior idade, e a da secretaría ou persoa que a substitúa.
2.- Poderá convocarse unha asemblea xeral extraordinaria por parte da xunta directiva sempre que a xunta o estime necesario. Tamén poderá convocarse nos dous meses seguintes á solicitude por correo postal ou electrónico dun grupo mínimo do 20% de asociadas e asociados. Se non se alcanza o quórum, transcorrida media hora celebrarase a asemblea en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza da presidencia ou vicepresidencia ou vogalía de maior idade, e a secretaría ou persoa que o substitúa.
3.- Tanto a asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación pola presidencia. A notificación farase mediante correo electrónico e deberá incluír a orde do día.
Artigo 18.- Serán competencias da asemblea xeral ordinaria:
a.- Aprobar o plan de actividades.
b.- Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
c.- Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.
d.- Exame e aprobación das cotas.
Artigo 19.- Serán competencias da asemblea xeral extraordinaria:
a.- Modificar os estatutos da asociación.
b.- Elixir e cesar os integrantes da xunta directiva.
c.- Aprobar a federación con outras asociacións.
d.- Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
e.- Acordar a disolución da asociación.
f.- Designar a quen faga a liquidación.
g.- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da xunta directiva.
h.- Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.
i.- Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.
k.- Todas non conferidas expresamente á asemblea xeral ordinaria ou á xunta directiva.
Artigo 20.- 1.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple das persoas asistentes ou representadas, excepto os relativos aos apartados do “a” ao “g” do artigo 19, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ao libro de actas e asinarao quen ostenten a presidencia e secretaría da asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola asemblea xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
2.- Todo membro que non poda asistir a unha asemblea poderá delegar o seu voto (ata un máximo de dous votos delegados por asistente). O regulamento de réxime interno regulará o voto telemático.
Artigo 21.- Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores obrigarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.
Artigo 22.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da asemblea xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Artigo 23.- 1.- A xunta directiva da asociación estará formada por unha persoa que asuma a presidencia, outra que se faga cargo da secretaría, outra responsable da tesourería e un número de vogalías entre un e seis, que se elixirán de entre os membros da asociación por un período de dous anos. O número de vogalías será determinado pola asemblea xeral. Quen ocupe unha delas poderá nomearse responsable da vicepresidencia, con funcións de asistencia á presidencia e substitución no caso de imposibilidade temporal de exercicio do cargo.
2.-A elección da xunta directiva realizarase nunha asemblea xeral extraordinaria convocada a tal efecto.
3.- Os cargos que compoñen a xunta directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.
4.- Os cargos poderán ser reelixidos un máximo de dúas veces consecutivas e sen limitación en mandatos alternos.
5.- Os cargos cesarán na súa función por:
a) falecemento.
b) renuncia voluntaria.
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) acordo de cesamento de toda a xunta directiva adoptado por 2/3 dos votos emitidos en asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ao día de quen suceda.
As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da xunta directiva serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola asemblea xeral.
Artigo 24.- A xunta directiva posúe as seguintes facultades:
a. Ostentar e exercitar a representación da asociación e levar a dirección e a administración da maneira más ampla que recoñeza a lei, cumprindo así as decisións tomadas pola asemblea xeral e de acordo coas normas, instrucións e directrices xerais que esta asemblea xeral estableza.
b. Tomar os acordos necesarios en relación coa comparecencia ante os organismos públicos e polo exercicio de todo tipo de accións legais e a interposición dos recursos pertinentes.
c. Propoñer á asemblea xeral a defensa dos intereses da asociación.
d. Propoñer á asemblea xeral o establecemento das cotas que os membros da asociación deberán satisfacer.
e. Convocar as asembleas xerais e vixiar que os acordos tomados se cumpran.
f. Presentar o balance e o estado de contas de cada exercicio ante a asemblea xeral para que os aprobe e confeccionar os orzamentos do exercicio seguinte.
g. Elaborar a memoria anual de actividades.
h. Contratar o cadro de persoal que poida ter a asociación.
i. Inspeccionar a contabilidade e preocuparse por que os servizos funcionen con normalidade.
k. Establecer grupos de traballo para conseguir, de maneira máis eficiente e eficaz, os fins da asociación e autorizar os actos que proxecten realizar.
l. Nomear como responsable de coordinación dos grupos de traballo a vogais da asociación.
m. Facer as xestións necesarias ante organismos públicos, entidades, empresas ou outras persoas para a consecución de fondos e realización das actividades da asociación.
n. Dispoñer do fondo económico da asociación, segundo as liñas orzamentarias marcadas.
ñ. Resolver provisionalmente calquera caso non previsto nos presentes estatutos, dando conta das decisións adoptadas na primeira asemblea xeral que se celebre.
o. Resolver sobre a admisión de novas persoas asociadas.
o. Calquera outra facultade que non sexa atribuída dunha maneira específica a outro dos órganos de goberno da asociación delegarase expresamente na xunta directiva.
Artigo 25 .- Son propias da presidencia as seguintes funcións:
a. A dirección e representación legal da asociación, por delegación da asemblea xeral.
b. A presidencia e a dirección dos debates, tanto na asemblea xeral como na xunta directiva.
c. Voto de calidade decisorio en caso de empate ou falta de consenso, ou outras situacións de gran risco para o futuro da asociación.
d. Convocatoria das reunións da xunta directiva.
e. Visar as actas e os certificados, confeccionados pola secretaría da asociación, así como os documentos mercantís e financeiros elaborados e asinados pola tesourería.
f. As atribucións propias do cargo e as que lle delegue a asemblea xeral ou a xunta directiva. A persoa titular da presidencia será substituída, no caso de ausencia ou enfermidade, pola da vicepresidencia (de existir o cargo), ou pola persoa cunha vogalía de máis idade da xunta directiva nesta orde.
Artigo 26.- A tesourería recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida a presidencia, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
Artigo 27.- 1.- A persoa ao fronte da secretaría deberá custodiar a documentación da asociación, levantar, redactar e asinar as actas das reunións, das asembleas xerais e xunta directiva, actuando como secretaria das mesmas. Son tamén funcións da secretaría redactar e autorizar as certificacións que se teñan que entregar así como levar o libro de rexistro de persoas asociadas.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade de quen ocupe a secretaría, a presidencia designará entre as vogalías un que desenvolva esta función.
Artigo 28.- Cada ano, a asemblea poderá nomear dúas persoas encargadas de auditar, que escollerán os membros que non pertenzan á xunta directiva.
Artigo 29.- A xunta directiva deberá reunirse un mínimo de dúas veces ao ano, no lugar e na data que determine a propia xunta. As votacións deberán ser por maioría simple dos presentes. En caso de empate a presidencia terá o voto de calidade.
Artigo 30.- Se a xunta directiva non determina o contrario, todos os procedementos e decisións da asociación e os seus comités serán privados e confidenciais, e non poderán facerse públicos. Quen forme parte da directiva da asociación poderá facer declaracións en nome propio, pero non no nome da asociación se non é con autorización expresa da xunta directiva.

CAPÍTULO IV. Réxime económico
Artigo 31.- A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de cero euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 32.- A asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamento será elaborado polo tesourería da asociación, que deberá telo preparado 15 días antes da asemblea xeral ordinaria na que se procederá á súa aprobación.
Artigo 33.- A asociación manterase cos seguintes recursos:
a.- As cotas periódicas das persoas asociadas.
b.- As cotas extraordinarias que propoña a xunta directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
c.- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
d.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
e.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 34.- A asemblea xeral ordinaria, a proposta da xunta directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias, que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación.
Artigo 35.- Anualmente, con referencia ao ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición das persoas asociadas durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da asemblea xeral ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 36.- Para a disposición de fondos das contas que a asociación teña nas entidades bancarias será necesaria a sinatura de quen sexa titular da presidencia ou da tesourería.
Artigo 37- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre as persoas asociadas os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V. Do regulamento de réxime interno
Artigo 38.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da xunta directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI. Modificación de estatutos e disolución da asociación
Artigo 39.- Calquera punto destes estatutos só poderá ser modificado nunha asemblea xeral extraordinaria. A proposta deberá ser presentada por un mínimo do 10% dos membros con dereito a voto ou pola xunta directiva, e deberase aprobar por dous terzos dos votos emitidos.
Artigo 40.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo das persoas asociadas adoptado polas 2/3 partes dos votos emitidos na asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 41.- Acordada a disolución, a asemblea xeral extraordinaria designará unha comisión, que xunto á presidencia e a tesourería procederá para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 42.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a unha entidade benéfica, científica ou cultural, e non se poderá repartir entre os membros da asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.
Estes estatutos son os aprobados en asemblea fundacional o 1 de abril do 2011.
Santiago de Compostela, 1 de abril do 2011

domingo, 3 de abril de 2011

Fotos da constitución da Asociación





A nosa primeira asamblea celebrouse no Museo de Arte Contemporanea de Santiago de Compostela o día primeiro de abril de 2011. Estábamos 30 persoas, todas con unha experiencia no eido da comunicación científica impresionante. Xa meteremos a lista de tódolos que asistiron.

jueves, 31 de marzo de 2011

Curso de Verano

“YO QUIERO SER DIVULGADOR CIENTÍFICO”


UNED, Denia, 4-6 julio 2011



Los ciudadanos tienen un interés cada vez mayor en los avances científico-tecnológicos, pero también en los riesgos asociados a ellos y en las formas en las que la sociedad puede y debe controlar la actividad investigadora y los desarrollos tecnológicos.

El curso "Yo quiero ser divulgador científico" aborda de manera interactiva estos temas, incluyendo charlas y mesas redondas con científicos y comunicadores de la ciencia, así como talleres prácticos de periodismo científico escrito y audiovisual. En particular, se abordarán cuestiones como la importancia de la divulgación científica en la sociedad contemporánea, la organización de los museos científicos, la ciencia en los medios de comunicación, la gobernanza de la ciencia, el papel de internet, etc.

El curso va destinado a todas aquellas personas interesadas en el campo de la comunicación científica y la tecnología, y su impacto sobre la sociedad, entre ellos, periodistas, trabajadores de museos, organizadores de exposiciones, o responsables de divulgación y comunicación en instituciones y empresas relacionadas con la investigación, o personas cuya formación pueda estar encaminada a estas áreas. También resulta muy interesante para profesores que desean utilizar la divulgación científica como herramienta didáctica.



Director del curso: Jesús Zamora Bonilla





PROGRAMA



Lunes 4 de julio

16:00. Inauguración.

16:15. Manuel Toharia. Director del Museo de las Ciencias Príncipe Felipe, Valencia.

“La ciencia es fácil y divertida… ¿o no?”

18:00. Mesa redonda.

“La importancia y los peligros de la divulgación científica”.



Martes 5 de julio

10:00. Cristina Manuel Hidalgo. Investigadora del Instituto de Ciencias del Espacio, CSIC. Autora del blog "En perspectiva", Investigación y Ciencia.

“Una visión particular de la divulgación científica”.

11:30. Lorena Sánchez Romero. Redactora Jefe de la Revista Quo.

“La primera ‘neuroportada’ en España”

13:00. Ana María Rodríguez Fernández. Facultad de Ciencias de la Información, Universidad Complutense, y profesora del máster de Periodismo Científico y Comunicación Científica de la UNED.

“Taller de lenguaje científico-técnico” (continúa a las 16:00)

17:00. Manuel Pellicer Rosell. Facultad de Filología, Universidad de Valencia, y Canal 9. Profesor del máster de Periodismo Científico y Comunicación Científica de la UNED.

“Taller de periodismo científico audiovisual”.



Miércoles 6 de julio

10:00. Jesús Zamora Bonilla. Coordinador del máster de Periodismo Científico y Comunicación Científica de la UNED.

“Herramientas para la divulgación científica en España”.

12:00. J. Francisco Álvarez Álvarez. Catedrático de Filosofía de la Ciencia, y profesor del máster de Periodismo Científico y Comunicación Científica de la UNED.

“Redes y gobernanza de la ciencia”.

13:30. Clausura.



Página del curso: http://yoquieroserdivulgadorcientifico.blogspot.com/