sábado, 15 de octubre de 2011

Primeira actividade da asociación: Ferramentas 2.0

Deixovos a noticia aparecida no medio CanalDeza

A *Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e
Tecnolóxica*organiza para mañá, venres 14 de outubro, a súa primeira actividade

A xornada dedícase ás Ferramentas 2.0 e ten como obxectivo
compartir instrumentos útiles para realizar accións de comunicación e
divulgación científica e tecnolóxica.

A Asociación, constituída en abril do 2011, ten como fins
fomentar a difusión do coñecemento científico e tecnolóxico e conseguir un
maior achegamento entre o ámbito científico e o da comunicación.

Está integrada por 49 socios e está aberta a novas
incorporacións.
Santiago de Compostela, 13 de outubro do 2011. *Mañá, venres 14 de outubro,
a *Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e
Tecnolóxica*(AGC CCT) celebra en Santiago de Compostela a súa primeira actividade
formativa.

A xornada, que será de 18.00 a 20.00 horas no Centro Galego de Arte
Contemporánea (CGAC) está dedicada ás Ferramentas da web 2.0. O obxectivo é
intercambiar coñecementos entre os asistentes que poidan ser de utilidade
para o seu traballo diario no ámbito da comunicación e divulgación
científica e tecnolóxica.

“Non se trata de dar un “cursiño de”, senón de explicar as potencialidades
de cada ferramenta (Google Docs, Google Calendar, os programas de animación
3D Blender e Maya, aplicacións móbiles...) e as nocións básicas para empezar
a traballar con elas”, explican os membros da Xunta Directiva.

Aínda que esta xornada está inicialmente pensada nos socios da AGC CCT, o
acto está aberto a todas aquelas persoas interesadas na divulgación e no uso
das ferramentas 2.0.